
Dende a Xunta directiva do Centro de Deportes Barco convidan “a todos os seareiros, simpatizantes e veciños do Barco a acudir é recepción oficial do equipo polo recente ascenso a Terceira REF” agradecendo ao Concello de O Barco de Valdeorras “polo seu convite neste acto tan especial”.
O acto celebrarase mañá, mércores 14 de maio, ás 20:30 horas dende o balcón do edificio vello do Concello de O Barco.
“Esperámosvos pra festexar esta tempada tan inesquecíbel”, aseguran, lembrando que continúan cos preparativos da festa do ascenso a expensas do partido de Copa “que pode ser o sábado ou o domingo”, puntualiza o presidente, Nilo Ramos.



