OurenseÚltima hora

A Festa Etnográfica do Pereiro tenta recuperar os oficios tradicionais como a olería ou a cestería

 

A Festa Etnográfica do Pereiro tenta recuperar os oficios tradicionais, tal e como a olería, cestería, talla en madeira, apicultura ou elaboración de instrumentos musicais co obxectivo de evitar que se perdan estas tradicións e poñer en valor esta riqueza intanxible dos nosos devanceiros.

Á IV edición desta festa, celebrada este domingo 6 agosto, asistía o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado polo alcalde, Luís Menor. Tras percorrer as diferentes casetas, Alén subliñou a contribución da Xunta á recuperación desta festa etnográfica a través dun campo de voluntariado enmarcado na campaña de verán da Consellería de Política Social e Xuventude.

Artigos relacionados

Back to top button