Por segundo ano consecutivo a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán (o poeta de Córgomo, Vilamartín de Valdeorras) será analizada nun ciclo de conferencias previsto para este mes de novembro en tres adegas valdeorresas. A primeira, o venres día 15 ás 20:30h. será na vila natal do literato, na Adega d’Berna, e correrá a cargo de Xosé Manoel Rodríguez quen falará sobre “Carlos Velo, 110 anos entre Galiza e México”.
A segunda conferencia, impartida por Sechu Sende, será o 22 de novembro ás 20:30h na Adega Carballal en Petín, e xirará en torno a “Florencio Delgado Gurriarán e as palavras rebeldes em defensa da língua. Achegamento sociolingüístico á súa poesía”.
A encargada de pechar o ciclo será a filóloga vianesa Concepción Álvarez Pousa que disertará na Adega Peyma en Fontei (A Rúa) sobre “A variedade valdeorresa do galego oriental. A súa presenza na lingua literaria de Florencio Delgado Gurriarán”.