A food truck de ‘Galicia sabe aMar’ da Xunta continúa o seu percorrido pola xeografía galega e tras pasar por Viana do Bolo e Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) chegaba a Rubiá.
Na mañá deste venres 18 de outubro, a furgoneta da campaña de promoción de peixes e mariscos galegos está instalada na praza do Concello onde poden degustarse gratuitamente e ata as 14 horas aproximadamente, unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade dos mesmos.