EconomíaEconomíaÚltima hora

A foodtruck de ‘Galicia Sabe a Mar’ fai parada en Valdeorras

Hoxe estivo na Rúa e mañá estará no Barco con degustacións gratutítas

 

Tal como estaba previsto, na xornada deste mércores 22 de marzo a foodtruck ‘Galicia sabe a Mar’, da Xunta de Galicia facía parada na praza do Concello da Rúa.

Trátase dunha das catro furgonetas da campaña de promoción de pescados e mariscos galegos que puxo en marcha a Consellería do Mar e que percorrerá un total de 200 municipios de España relaciondos co Camiño de Santiago. Unha iniciativa que permitirá degustar gratuitamente unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade dos mesmos.

No caso da Rúa, a parada estivo vencellada a unha das ruta xacobeas, o Camiño de Inverno, con degustación gratuíta en horario de 12 a 15 e de 16:30 a 19:30 horas. O mesmo que terá mañá a parada que previsiblemente faga no Barco de Valdeorras. Tal como adiantaron os responsables da furgoneta, estará instalada no Malecón.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button