EconomíaEconomíaÚltima hora

A foodtruck ‘Galicia sabe amar’ estará mañá na praza do Concello da Rúa

A foodtruck “Galicia Sabe amar” o ano pasado na praza do Concello da Rúa./ Foto: Mónica G. BElvler.

 

Mañá, xoves 19 de setembro, a foodtruck ‘Galicia sabe amar’, da Xunta de Galicia volverá parar na praza do Concello da Rúa.

Trátase dunha das 4furgonetas da campaña de promoción de pescados e mariscos galegos que puxo en marcha a Consellería do Mar seguindo diferentes rutas. Unha iniciativa que permitirá degustar gratuitamente unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade dos mesmos.

No caso da Rúa, a parada será en horario de 12 a 15 e de 18 a 21 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button