ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A forza cromática e os volumes da pintura da valdeorresa Carina Rodríguez, no Liceo de Ourense

A mostra, unha retrospectiva con 28 cadros, poderá visitarse ata o vindeiro 31 de marzo

 

Con 15 anos Carina Rodríguez pedíalle á súa mai material para pintar e, dende entón, non deixou de encher de cor o branco dos lenzos. Eses 35 anos de creación da artista valdeorresa, marcados por un uso moi especial da cor, poden agora percorrerse nunha mostra que se inauguraba onte venres no Liceo de Ourense ata o 31 de marzo: “Mi mundo es el color”.

Trátase dunha retrospectiva que comeza coas primeiras obras de Carina Rodríguez na adolescencia e que continúa ata amosar os seus últimos cadros. En total reúne 28 lenzos. “Para min a pintura é unha paixón, non podo deixar de pintar porque é unha maneira de expresar e de plasmar o que realmente sinto”, dicía a artista na inauguración desta ostra, que poderá visitarse ata o vindeiro 31 de marzo. “Para min é un orgullo estara aquí, estou moi contenta e emocionada. Síntome moi acollida e paréceme un punto de pratida inmellorable para poder empezar a expoñer en Ourense”, engadía.

Ademais Carina Rodríguez explicaba que pinta “en galego porque pinto de Galicia, están as cores de Valdeorras, o Entroido de diferentes partes da provincia… Collo o lenzo en branco e empezo a soltar o que levo dentro. Trato de facer un colaxe para que se vexan diferentes profundidades dentro do cadro”.

 

 

Nesta inauguración a pintora valdeorresa estaba acompañada por Antón Alonso, a quen expresaba o seu agradecemento “por traerme aquí e tamén por animarme a facer unha exposición fóra de Valdeorras”. Agradecemento tamén da artista para as persoas que “me teñen axudado ao longo dos anos, especialmente, para a miña familia”. Así mesmo agradecía a presenza das numersoas persoas de Valdeorras que a arroupaban neste acto, entre elas, mencionaba á alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, e ao concelleiro Amancio Díaz, “xuntos empezamos a facer o MARCO”.

 

 

Pola súa banda, Antón Alonso, destacaba o diminio “dos volumes” e a “gran forza do color” da pintora. “A min encántanme todas as súas obras”. Así mesmo, agradecíalle o feito de “ter escollido o Liceo e de compartir estas pinturas con nós. Espero que esta sexa a primeira de moitas veces”.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button