CulturaCulturaÚltima hora

A fotografía do valdeorrés Sindo Novoa, no Festival do Mundo Celta de Ortigueira

A mostra “Berpiztu, a expo” reúne fotos deste barquense e de Sonia Navas que aparecen no libro do mesmo título sobre Kepa Junkera

Foto de Sindo Novoa.

 

Dende o 24 de xuño Sala de exposicións no claustro baixo do Concello de Ortigueira (A Coruña) acolle a exposición “Berpiztu, a expo” do fotógrafo valdeorrés Sindo Novoa e de Sonia Navas, que inclúe cunha selección de imaxes que aparecen no libro-documental “Berpiztu” do músico vasco Kepa Junkera. Está aberta de luns a sábado de 09:00 a 13:30 h.

Esta exposición poderá visitarse tamén durante o 45 Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira, previsto do 9 ao 16 de xullo.

Ese meso día 24 de xuño presentábase o libro e documental “Berpiztu” de Kepa Junkera, onde se repasa a súa vida e traxectoria artística. O documental inclúe imaxes de arquivo nunca antes vistas sobre o músico, compositor e produtor vasco, así como testemuños de artistas que teñen colaborado con el como Ara Malikian, Estrella Morente, Pedro Guerra, Pablo Milanés, Dulce Pontes, Santiago Auserón, Uxía ou Budiño.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button