ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Garda Civil da Rúa festexa a Virxe do Pilar

A Garda Civil da Rúa tamén celebraba neste sábado 12 de outubro a festa da Virxe do Pilar, a súa patroa. A partires das 13h. tiña lugar unha misa na igrexa da Nosa Señora de Fátima en Fontei, oficiada polo párroco Lisardo Paradelo.

A esta celebración relixiosa acudían membros da Garda Civil da Rúa, representantes municipais rueses (como diversos concelleiros e o seu alcalde, Álvaro Fernández), así como as alcaldesas de Larouco e de Petín, e o alcalde de Vilamartín e algún concelleiro deste mesmo municipio, ademais de numerosos veciños da Rúa e de concellos próximos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis fotos sobre a celebración da Virxe do Pilar en Valdeorras:
https://osil.info/a-garda-civil-do-barco-celebra-a-virxe-do-pilar/

Artigos relacionados

Back to top button