OurenseÚltima hora

A glorieta de Pardo de Cela, en Ourense, estrea nova iluminación

A actuación forma parte dos plans do Concello para embelecer distintos puntos da capital

Vista da glorieta co novo sistema de iluminación. / Foto: cedida.

 

A escultura que preside a glorieta de Pardo de Cela, en Ourense, luce un novo sistema de iluminación. As obras de mellora consistiron na implantación de 8 proxectores de 50 w, máis eficientes que os anteriores de 150 w e cos que se consegue unha maior vistosidade e un importante aforro enerxético.

Segundo indicou o tenente de alcalde, Jorge Pumar, as obras “enmárcanse dentro do plan de embelecemento da cidade que seguimos dende a concellería para ir mellorando paulatinamente todos os elementos estéticos de Ourense”. “Queremos recuperar a beleza do noso patrimonio, das nosas rúas e dos nosos parques para que poidamos sentirnos orgullosos de Ourense”, sinalaba Pumar.

Artigos relacionados

Back to top button