DeportesÚltima hora

A ‘Gradiator Kids’ chega esta fin de semana á Estación de Montaña Manzaneda

Foto: Gladiator Kids.

 

A programación de verán da Estación de Montaña Manzaneda ofrece esta fin de semana un evento deportivo destinado aos máis pequenos. Trátase da ‘Gladiator Kids’, pensada para que nenos e nenas gocen dun día en familia facendo deporte cunha carreira sen carácter competitivo que arrincará o sábado a partir das 16.30 horas.

Desde que comezou o verán foron moitos os eventos deportivos de alto nivel que se desenvolveron e entre os que destacaron a Tsunami Manzaneda ou a Copa de España DH. Tamén a música estivo presente durante todas as fins de semana e para este sábado 19 de agosto programouse a actuación de Aló Jazz, unha proposta que explora as músicas populares a través do jazz. Nesta ocasión ofrecerase un repertorio co que o público viaxará a Brasil. Pechará o ciclo de concertos Two in the mirrow (26 de agosto).

O Campus Motorsport, previsto para finais de agosto, aprázase a outono. Xa no mes de setembro, o día 3, espérase a Marcha ciclista Federación. E a todo iso sumaranse as actividades da propia estación cun rocódromo infantil, varios campos de paintball ou parques multiaventura para nenos, entre outras propostas.

Artigos relacionados

Back to top button