ConcellosO BarcoÚltima hora

A gran exposición de dinosaurios animatrópicos “Dinosauria Experience” chega ao Barco

Poderá verse esta fin de semana (7 e 8 de outubro) na carpa instalada na finca xunto á Estación de Autobuses

 

A gran exposición de dinosaurios animatrópicos “Dinosauria Experience” chega esta fin de semana ao Barco de Valdeorras.

 

 

Instalada na finca xunto á Estación de Autobuses estará o sábado 7 e o domingo 8 de outubro nunha gran carpa, a mostra conta con más de 30 dinosaurios, entre eles o gran Brachiosaurus xigante de 10 metros de altura, que se moven, respiran e ruxen, cun gran realismo. Os visitantes poderán tamén descubrir como é o día a día dun paleontólogo, incluíndo exhibicións educacionais e actividades interactivas.

 

 

Trátase dunha exposición para todos os públicos, nun espazo acolledor, divertido e cheo de aventuras para pasar tempo en familia. Poderá visitarse de 11 a 14 e de 17 a 20 horas. Máis información: 642 132 009.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button