ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Gudiña rende culto a San Bartolo

O programa das festas inclúe as actuacións de El Combo Dominicano e da orquestra Trébol

Moitos son os pobos que na xornada de hoxe, 24 de agosto, renderon culto a San Bartolo. Un delas é A Gudiña, onde tiña lugar a tradicional procesión e misa na súa honra.

Trala procesión encabezada pola imaxe do santo e seguida polos sacerdotes e numerosos veciños, entre eles o alcalde José María Lago, tiña lugar a eucaristía no interior da igrexa parroquial, amenizada musicalmente pola Coral Polífonica Beato Sebastián Aparicio da Gudiña.

O programa de festas organizado por unha comisión, arrancaba na noite de onte 23 de agosto coa actuación da orquestra El Combo Dominicano. Hoxe, o baile correrá por conta da orquestra Trébol, pechando a xornada festiva a discomóbil Gramola. Mañá día 25 de agosto, haberá un partido de solteiros contra casados (18:30h.) e despois festa na praza Maior amenizada poe Los Támega.

Fotos: Carlos G. Hervella excepto a última da galería que é de El Combo Dominicano.

Artigos relacionados

Back to top button