DeportesÚltima hora

A I Ruta BTT de A Peroxa celebrarase o 9 de xuño

Presentación da I Ruta BTT da Peroxa.

 

Este domingo 9 de xuño celebrarase a I Ruta BTT, evento deportivo, que terá como punto de partida e chegada a praza do Concello de A Peroxa, con saída ás 9h.

No evento, organizado polos veciños de A Peroxa integrantes de B.T.F. Vente O Lado Oscuro, colaboran o Concello de A Peroxa, Deputación de Ourense, Inorde, Singletrack Galicia, Liga da Moto de Campo e Moto Clube A Peroxa.

 

 

Os interesados poden rexistrarse pagando os 16 euros de dorsal a través da páxina web da Liga Galega da Moto de Campo, onde poderán elixir entre a ruta curta de 30km (dificultade media) ou a ruta longa de 40km (dificultade media alta). Ambas rutas recorren soutos e carballeiras, característicos do municipio e da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, na que se inclúe A Peroxa.

Os dorsais poderánse recoller media hora antes da saída e o evento estará amenizado con música, pinchos ao remate, camisetas personalizadas e sorteos.

Artigos relacionados

Back to top button