SanidadeÚltima hora

A “I Xornada Morte Perinatal. O duelo invisible”, o 15 de outubro no Barco

Esta actividade formativa e divulgativa está organizada por De Nai a Nai en colaboración co Concello

 

A morte perinatal é aquela que ocorre, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), a partir da semana 22 de xestación, durante o parto ou durante o primeiros sete días de vida do recén nado. É dicir, trátase de bebés que falecen durante o embarazo ou pouco despois de nacer. É a situación máis tráxica e dolorosa que poden vivir uns pais.

Nela porase foco na I Xornada “Morte Perinatal. O duelo invisible”, promovida o 15 de outubro pola Asociación De Nai a Nai (en colaboración co Concello do Barco). Este encontro ten acreditación solicitada para todas as profesións sanitarias á CFC e terá lugar no edificio multiusos do Barco.

 

 

O seu programa comezará ás 9h. da man da Asociación Bolboretas no Ceo, seguida da ponencia “Visibilidade e conciencia social do duelo perinatal” a cargo da psicóloga Jesica Rodríguez. Logo coñecerase a experiencia deste tipo de duelo nun pai, con José de Jaime, pai de Clara, e a xurista María Conde abordará o marco xurídico da morte perinatal.

Pola tarde (15:30h.-18:30h.) impartirase un obradoiro sobre “Morte perinatal. Coidados. Da teoría á práctica”, impartido pola matrona Natalia Alonso.

Artigos relacionados

Back to top button