En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A III BTT de Manzaneda, en imaxes

Ata tres alternativas en canto a percorrido tiñan os participantes na terceira edición da proba de BTT que se celebraba no marco da IX Andaina de Manzaneda (AdeM). Os máis de vinte ciclistas que partían ás 9:30h. do 4 de novembro dende Manzaneda podían escoller entre un traxecto curto (duns 27 km), un medio (35 km) e un longo (45 km).

O seu circuíto pasaba preto do Castiñeiro de Pombariños, seguía polos lugares de Acevoso, Sobrado e Mendoia do veciño concello de Trives, para logo achegarse de novo a Manzaneda ao aproximarse a Langullo, Cimadevila de Langullo, Rebodepó, San Vicenzo, San Miguel, Requeixo, Tonxil, Borruga, San Pedro. Finalmente concluía na vila de Manzaneda.

Neste evento deportivo, organizado polo Concello de Manzaneda, tanto a apertura da proba como o peche estaban a cargo dos membros do grupo de moteiros triveses M10 Enduro Team, que colaboraban coa organización. O deseño destes tres percorridos de BTT foi realizado por Ceferino Rodríguez Rodríguez, natural de Sobrado (Trives), quen tamén colaboraba na súa marcaxe.

Fotos: Ceferino Rodríguez.

Máis información e fotos:
https://osil.info/mais-dun-cento-de-participantes-na-ix-andaina-de-manzaneda-iii-btt-e-ii-trail/

Artigos relacionados

Back to top button