PolíticaÚltima hora

A inquedanza sobre o partido xudicial de Valdeorras chega a Alfonso Rueda

Transmitíalla o deputado do grupo parlamentario do PP Moisés Blanco nunha xuntanza mantida en Santiago
O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, nunha comparecencia no Parlamento.
O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, nunha comparecencia no Parlamento.

A incertidume existente na cidadanía valdeorresa ante a posible desaparición dos xulgados do Barco transmtíalla ao vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, o deputado autonómico do PP Moisés Blanco nun encontro celebrado en Santiago o 11 de setembro.

Segundo unha nota de prensa emitida dende o grupo parlamentario do PP de Galicia, Rueda “reafirmouse nas declaracións realizadas polo ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, na súa visita en Galicia, nas que avanzou que se manterían todos os partidos xudiciais en Galicia e atendería as demandas feitas desde a Xunta de Galicia. En concreto, Gallardón anunciara que o proxecto de Lei sería modificado nalgúns aspectos para corrixir “disfuncións” de carácter territorial que puideran existir no caso da Comunidade galega”.

Asemade indícase que a Administración galega está preparando un informe para remitirlle ao Ministerio de Xustiza “no que conste a súa proposta sobre a demarcación territorial de cada un dos tribunais de instancia, acompañado dun estudo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respecto das cargas de traballo dos distintos xulgados para que sexa informado polo Consello Xeral do Poder Xudicial”.

Tamén se lle enviará unha proposta de sedes de tribunais segundo os criterios establecidos na Lei Orgánica do Poder Xudicial, na que figuren, entre outros, os criterios de dispersión da poboación, os tempos de desprazamento ou o aproveitamento das infraestruturas existentes.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button