Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A IX Andaina do Chourizo celebrarase o 3 de febreiro, con saída na Pobra de Trives e meta en Vilanova

Organizada polo Club Montaña Trives, sairá ás 10 horas dende a praza do Pilón

 

Agardando non ter que suspendela como pasou coa San Silvestre, o Club Montaña Trives presenta a IX edición da Andaina do Chourizo, unha particular camiñada no marco da Festa do Chourizo de Vilanova, prevista para o sábado 3 de febreiro ás 10 horas dende a praza do Pilón, na Pobra de Trives.

Dende aí os participantes iniciarán un traxecto que cubrirá unha distancia duns 8,6 km pasando por Santa María de Trives, Sas, Pena Folenche, San Mamede e Vilanova, onde haberá unha gran chourizada.

As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición a través do correo electrónico club.montana.trives@gmail.com. O prezo será de 5 euros para os socios do club e de 10 euros para os que non o sexan.

Artigos relacionados

Back to top button