Co obxectivo de “avanzar cara unha pesca fluvial sustentable a longo prazo, para os 40.000 pescadores que hoxe están con licenza en Galicia”, remitirase ao Parlamento a Lei de pesca continental. Este é un dos tres textos aprobados hoxe, 17 de setembro, no Consello da Xunta, cos cales o novo Goberno galego retoma o calendario lexislativo.
Tal como avanzan dende a Xunta este instrumento normativo permitirá avanzar en catro obxectivos: garantir a remuda xeracional no ámbito da pesca creando escolas de río; fomentar a pesca sustentable; empregar a pesca fluvial como ferramenta de desenvolvemento turístico, económico e social do medio rural; e dotarnos dunha boa planificación estratéxica de xestión da pesca para poñer en valor os recursos naturais piscícolas.