ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A libraría solidaria do colexio Divina Pastora do Barco, na praza do Concello

A campaña "Libros por unha boa causa" colabora este ano con Cruz Vermella Valdeorras

 

Un ano máis está en marcha a campaña “Libros por unha boa causa” do colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras. Unha iniciativa solidaria organizada polo alumnado de 3⁰ e 4⁰ da ESO e os seus profesores que este ano sae á rúa.

Así ademais de estar no centro coincidindo co Día do Libro, a Libraría Solidaria está na mañá deste sábado 25 de marzo, aberta na praza do Concello do Barco. Alí, dende as dez da mañá e ata a unha e medias os alumnos venden os numerosos libros que ao longo do curso foron recompilando baixo o lema “Regálalle aos teus libros un segundo lector e colabora con Cruz Vermella”. Os libros recaudáronse con gran éxito no mes de febreiro superando as previsións. “Contabamos con xuntar uns 300 e chegamos aos 600 libros”, asegura Conchi Moure dende o colexio, lembrando que con este proxecto de aprendizaxe e servizo “colaboramos con Cruz Vermella en Valdeorras, organización á cal se destinará todo o recadado nesta iniciativa solidaria”.

Por iso, ademais dos libros, clasificados por idade, na praza hai tamén unha mesa con información e artigos de Cruz Vermella, e outras dúas con actividades para os cativos, sempre vencelladas á lectura.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button