En portadaÚltima hora

A locomotora de castañas do Barcoaberto CCA volve o 21 e 22 de outubro á praza do Concello

A asociación intercambiará tíckets de compra por cornetes de castañas asadas totalmente gratis

Foto: A.R.

 

O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco celebra a segunda edición da campaña Magosto Obarcoaberto. “Unha acción de dinamización que busca poñer en valor a tradicional festa do Magosto e ofrecer aos clientes unha campaña atractiva”, tal e como se destaca dende esta entidade que preside Jacobo Arias.

A campaña seguirá a dinámica do pasado ano, no que tivo unha excelente acollida, e consistirá na instalación dunha locomotora de castañas asadas na Praza do Concello do Barco onde os clientes poderán intercambiar tickets de compra dos establecementos asociados por un cornete de castañas asadas, totalmente gratis.

O Magosto Obarcoaberto do CCA O Barco celebrarase durante os seguintes días e horas:
Venres 21 de outubro, de 10:30 a 13:30 horas e de 18:30 horas a 20:30 horas
Sábado 22 de outubro, de 10:30 horas a 13:30 horas.

 

 

Os clientes só entregarán tíckets actuais, é dicir, de compras realizadas durante a celebración da campaña; e poderán presentar como máximo dous tickets ao día.

As castañas para a celebración desta campaña foron doadas pola empresa valdeorresa Castañas Moral, a quen se agradece a súa colaboración publicamente de O Barco CCA.

Artigos relacionados

Back to top button