OurenseÚltima hora

Os autobuses urbanos de Ourense súmanse á campaña da AECC polo Día Mundial Contra o Cancro

 

O Concello de Ourense, xunto a Avanza, compañía operadora do servizo de autobús urbano da cidade, e a sede provincial da AECC (Asociación Española Contra el Cáncer) colaboran un ano máis na difusión da campaña polo Día Mundial Contra o Cancro na flota de autobuses urbanos de Ourense.

A campaña, que estará visible nos autobuses dende este venres 31 de xaneiro, presentábase nun acto no que participaron el alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; as concelleiras de Sanidade, Noa Rouco, e Asuntos Sociais, Tamara Silva; o director de avanza na división Urbanos de Galicia; o xerente de Avanza en Ourense, Jose María Díaz; e o presidente de AECC Ourense, Germán Rodríguez-Sáa.

Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro a campaña quere lembrar a importancia da prevención para a detección precoz desta enfermidade, así como necesidade da aposta pola investigación oncolóxica. O alcalde Gonzalo Jácome, destacou que “o Concello de Ourense ven apoiando e seguirá apoiando todas aquelas iniciativas que, como esta, contribúen a fomentar a concienciación cidadá e a asunción de hábitos saudables e condutas preventivas fronte ao cancro e fronte a outras enfermidades. Pérez Jácome felicitou o excelente traballo que desenvolve a Asociación Española contra o Cancro en Ourense, e animounos a dar continuidade en todas as actividades, proxectos e servizos que levan a cabo ao longo do ano”.

Pola súa parte, Carlos González, director Avanza na división Urbanos de Galicia, sinalou que “para Avanza é un orgullo participar un ano máis nesta iniciativa. Os autobuses urbanos son unha canle clave para achegar mensaxes tan necesarias como as de AECC a milleiros de persoas cada día”.

Germán Rodríguez-Sáa, presidente de AECC Ourense, agradeceu ao Concello e a Avanza “o seu compromiso e colaboración. A prevención é clave na loita contra o cancro, e accións como esta permítennos chegar a máis persoas, informalas e lembrarlles a importancia da investigación e participar en programas de detección precoz”.

Artigos relacionados

Back to top button