
“Metalutita brasileira: Riscos e Diferenzas fronte á Lousa Natural”. É o título dun informe que vén de facer público hoxe o Clúster da Pizarra de Galicia (https://clusterdapizarra.com) no que se recompilan ensaios independentes, bibliografía científica e documentos de referencia (NHBC, NFRC, Stone Federation) para comparar a pedra orixinaria de Minas Gerais —comercialmente denominada “lousa brasileira”— coa lousa tectónica extraída en Galicia.
O presidente do Clúster, Eliseo López, destaca que “non cuestionamos o valor da pedra brasileira noutros usos, pero os datos demostran que, para cuberta, o seu comportamento dista do da lousa galega. O noso obxectivo é que prescritores e propietarios poidan elixir con información verificada”.
Neste senso, o Clúster da Pizarra de Galicia destaca, como principais conclusións do informe, as seguintes:
– Diferencia xeolóxica: A chamada ‘lousa brasileira’ é en realidade metalutita, un mudstone de baixo metamorfismo. A EN 12326-1 déixaa fóra da definición normativa de lousa.
– Risco de rotura e laxado – En ciclos xeo-desxeo a resistencia media cae -40 % e prodúcense delaminaciones; a norma EN 12326-1 clasifica ese modo de fallo como “non aceptable”.
– Fraxilidade térmica – No ensaio 20 → 110 °C a resistencia característica Rk desplómase un -91 %, quedando na clase T3 “non apta” da EN 12326-1.
– Incompatibilidade con climas fríos e húmidos: Cunha absorción media de ata 0,77 % (o dobre que a galega) a metalutita supera o limiar W2 e falla antes en ciclos de xeada-desxeo.
– Más espesor = máis peso: Para cumprir os requisitos S3 do Reino Unido necesita láminas de ≥ 8 mm (fronte a 4-5 mm da lousa galega), o que engade un 60 % de carga ao tellado.
– Historial de incidencias: A NHBC (unha das principais aseguradoras de Reino Unido) exclúe as “Brazilian slates” da súa garantía (Technical Extra 07, 2012) e a NFRC (principal asociación de instaladores de Reino Unido) documenta casos de delaminación (GN 66).
– Pegada de carbono e rastrexabilidade: Un contedor desde Brasil xera ≈ 705 kg CO₂ (catro veces máis que desde Galicia), e GN 66 aconsella esixir certificados de orixe porque parte da documentación chega incompleta.
As conclusións deste informe, segundo o Clúster, baséanse en datos reproducibles e en documentos dispoñibles para consulta.
O informe íntegro pode consultarse aquí en versión en castelán