PolíticaÚltima horaVídeos

A marcha socialista “un millón de pasos de Ourense” chega a Arévalo

Os deputados provinciais sociais en Arévalo./ Cedida.

 

Os deputados provinciais do PSdeG-PSOE de Ourense que continúan coa sua marcha reivindicativa “un millón de pasos por Ourense”. Neste sábado eran recibidos en Arévalo polo alcalde deste municipio, Francisco León Álvarez, de Arévalo Decide; polo senador do PSOE pola provincia de Ávila, Jesús Caro Adanero; e polo voceiro municipal socialista, Rodrigo Romo García.

Tras unha charla, na que os representantes institucionais de Arévalo e Ávila amosaron o seu apoio a causa socialista e reivindicaron accións das diferentes administracións nacionais para evitar “casos como o reparto inxusto, arbitrario de fondos públicos na Deputación de Ourense”, segundo os socialistas.

Finalmente, o alcalde convidou aos representantes do PSdeG-PSOE de Ourense a visitar a vila novamente máis adiante para establecer sinerxias entre ambos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button