CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A maxia do Apalpador envolve cada Nadal A Rúa da man de Abertal

 

Un ano máis pasadas as seis e media da tarde o Apalpador percorría os bares e rúas de A Rúa, apalpando as barrigas aos cativos que atopaba polo camiño e repartido caramelos a nenos e maiores. Acompañando a este tradicional personaxe, Abertal achegaba un máxico pasarrúas cargado de panxoliñas, ao ritmo de gaitas e pandeiretas, para celebrar cos veciños e veciñas a chegada do Nadal.

 

 

Nesta ocasión o percorrido comezaba na rúa Doutor Vila e remataba cunha merenda no Bar O Melín.

A visita do Apalpador, a primeira actividade do programa de Nadal deste ano na vila ruesa, está organizada pola Asociación Cultural Abertal coa colaboración de A Ruada e do Concello da Rúa.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button