CulturaCulturaÚltima hora

A memoria do pastoreo feita arte en Castiñeira (Vilariño de Conso), da man de Doa Oa

 

A aldea de Castiñeira, en Vilariño de Conso, acolle estes días unha nova acción de Paisaxes Candentes, a última mutación do Laboratorio Mutante da cooperativa Outonía. A artista Doa Oa está a desenvolver unha intervención mural inspirada nas conversas que Tania Sánchez e Branca Albán de Outonía, mantiveron recentemente cun grupo de pastores da contorna. Recuperando relatos, saberes e vivencias vinculadas á vida no monte e á transformación da paisaxe.

 

 

A proposta forma parte dun proceso de creación colaborativa que entende a escoita e o diálogo coa comunidade como ferramentas para activar novas lecturas do territorio. Neste caso, as historias compartidas polos pastores convértense en materia artística, establecendo unha ponte entre memoria, patrimonio inmaterial e creación contemporánea.

O mural poderá visitarse na propia aldea a partires de mañá, data na que finalizará a creación.

 

Fotos cedidas.

Back to top button