
Na tarde deste xoves 30 de xullo, unha persoa resultaba ferida en Bande tras unha colisión entre un autobús sen pasaxeiros e un turismo, tal como indican dende o 112 Galicia, puntualizando que “apenas o condutor e un compañeiro ían a bordo do autobús, de procedencia portuguesa e con destino a Francia” e que ningún deles resultou ferido, “non así o condutor do turismo, que si necesitou asistencia médica”.
Dende o 112 confirman que finalmente “descartouse a intervención dos equipos de excarceración, xa que conseguiron sacar o condutor do turismo sen axuda de medios e recursos específicos”.
Con todo, ata o lugar do accidente, na OU-540, nas Maus, en Bande, ás 16:30 horas, desprazáronse os membros do GES de Celanova, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil de Bande.