CulturaCulturaÚltima hora

A mesa das artes pecha as Xornadas Florenciófilas na Serra da Enciña da Lastra

Publicidade

 

No Centro de Interpretación do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, en Biobra (concello de Rubiá), pechábanse no mediodía do domingo 20 de novembro as Xornadas Florenciófilas, organizadas polas Letras de Florencio para homenaxear ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, dende os eidos da literatura, da historia, da lingua e da arte.

A última mesa das xornadas era precisamente a das artes, moderada por Jorge Moral Vidal e que contou coa presenza de tres convidados que se achegaron dende diferentes disciplinas creativas á figura de Florencio, compartindo co público como foi o seu proceso creativo para facer música, teatro e cine con Florencio. Domingo Díaz, produtor e realizador de cine falou do papel do cinema na construción do relato baixo o título ‘Filmando a Florencio’; Raquel Queizás, actriz e dramaturga falou de Florencio a escena ‘as artes vivas para un público familiar”; e Ramiro Núñez, músico e compositor de Sr. Jingles falou dos ritmos agochados na poesía de Florencio, ademais de poñer o broche musical cunha actuación en directo.

En Biobra, era a concelleira de Cultura Laura Iglesias, a encargada de dar a benvida aos asistentes e aos convidados, rematando o acto cunha degustación de caldo de verzas.

 

Jorge Moral e Ramiro Núñez.

 

Fotos: As Letras de Florencio.

Artigos relacionados

Back to top button