CulturaCulturaÚltima hora

A mostra “Á beira do Sil” de Lola Doporto poderá verse ata o 30 de setembro no Casino do Barco

Publicidade

 

O segundo andar do Casino do Barco acolle dende o 8 de setembro a exposición “Á beira do Sil”, da pintora Lola Doporto, natural de Millarouso (O Barco) e recente pregoeira das Festas do Cristo. Inicialmente estaba previsto que concluíse o 28 de setembro, pero ante a excelente acollida  e a demanda do público, tanto a creadora como o Casino acordaban prolongala ata o vindeiro sábado 30 de setembro en horario de 19h. a 21h.

A mostra reúne 17 cadros de diferentes tamaños, técnicas e estilos que amosan un percorrido pola evolución da pintura de Lola Doporto, onde teñen un protagonismo especial as marionetas. Marionetas que ademais saen do lenzo para converterse en manequíns de tamaño humano.

O título desta exposición, “Á beira do Sil’, homenaxea a un dos poemas do valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, autor das Letras Galegas 2022.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button