CulturaCulturaÚltima hora

A mostra de pintura e debuxos de Patricia Fernández no Casino do Barco amplíase ata o 26 de novembro

 

Ata a derradeira fin de semana de novembro poderá visitarse no segundo andar do Casino do Barco a exposición de pintura e debuxo da xove barquense, Patricia Fernández Vázquez “Lapintiparada”. Ante a boa acollida desta mostra, decidíase ampliar a súa duración, xa que estaba previsto que rematase o día 13. Agora poderá verse ata o 26 de novembro.

Esta exposición constitúe un percorrido pola traxectoria creativa desta autora. Reúne diferentes técnicas, estilos e formatos nunha serie de obras que supoñen o primeiro achegamento desta creadora ao público, unha experiencia da que está moi contenta, por iso agradece ao Casino do Barco que lle dera a oportunidade de estrearse en solitario nunha mostra na súa vila. Ademais as persoas que a visiten a partir da semana que vén poderán ver un novo cadro que recrea unha das zonas do edificio do Casino e que Patricia Fernández lle regalou a esta sociedade como mostra de agradecemento.

 

Esta creadora valdeorresa, noutra das zonas da mostra./ Foto: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button