CulturaCulturaÚltima hora

A mostra fotográfica soberina “Inmarcesibles”, premiada polo Colexio de Traballadores Sociais de Galicia

 

A mostra fotográfica do Concello de Sober “Inmarcesibles”, sobre a beleza real feminina, vén de ser premiada polo Colexio Oficial de Traballo Social no seu concurso de ‘boas prácticas’ dirixido aos traballadores sociais colexiados.

As traballadoras sociais do Concello de Sober Ana de la Torre e Patrica González foron as encargadas de recibir o venres en Samtiago o diploma e o cheque outurgados no concurso nunha gala na que se celebraba o 40 aniversario do Colexio de Traballadores Sociais de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button