Ata o 5 de novembro o Espacio de Arte de Roberto Verino, situado na cidade de Ourense, acollerá a exposición “Huellas”, da artista galega Ángeles Jorreto. Esta creadora plasma as súas pegadas en pezas de grande formato, próximo ao mural, nos que experimenta con diferentes soportes, texturas e materiais. Un diálogo artístico entre as series nas que segue traballando dende hai varios anos, rostros, paisaxes urbanos, nos que nos insinúa distintas siluetas de edificios, cúpulas, rúas… e que con moita sutileza lles da vida introducíndonos neles e convidándonos a pasear, deambulando entre a brétema que sempre fai que estemos expectantes.
Os seus “rostros”, esas facianas tan súas e tan recorrentes na súa pintura, non precisan nin ollos nin boca para que teñan expresión propia. A súa pincelada é solta, enérxica, áxil, ampla, atrevida, tendendo a eliminar o debuxo, para chegar a un esquematismo propio e definir liñas, xogando dende a monocromía ata a expresión de cor. A luz filtrada ou vibrante xoga un papel decisivo nas súas obras.
A artis do academicismo, creando o seu propio estilo entre o abstracto e o figurativo, recreándose nunha paleta moi personal coa que consegue emocionar ao espectador cando observa unha obra inconfundible e fácilmente identificable como un Ángeles Jorreto.
Sobre Ángeles Jorreto
Ángeles Jorreto, unha das representantes contemporáneas da pintura galega, nace e estudia en Ourense onde vive ata 1965. Empeza a pintar dende rapaza, empregando calquer material ao seu dispor: acuarelas, témperas, pasta de dentes… Sobre soportes en ocasións nada convencionais.
Da man do seu pai, moi aficionado a este medio, tamén practica o revelado e a ampliación de fotografías en branco.
Dende 1965 traslada a súa residencia a Vigo. Viaxa a Florencia, Madrid, Paris, Roma, Londres, para enriquecer a súa formación. Da acuarela e témpera da paso ao óleo e o acrílico.
Fotos cedidas.