
As obras de artistas consagrados, noveis e afeccionados, converterán un ano máis as rúas da Portela de Portomourisco (Larouco-Petín) nunh galería ao aire libre.
Do 1 ao 3 de maio celebrarase, da man da Asociación A Rabiosa coa colaboración dos concellos de Petín e Larouco, a terceira edición de ‘Arte no Rural’, unha exposición que amosará en horario de 20 a 23 horas, as obras (pintura e escultura) de artistas como Rogelio Diéguez, Lilí (+), Paradela Arte, Roberto Álvarez, Sina Arias e Noé Blanco, amais de veciños.