
Debido á previsión de chuvias para o sábado 3 de maio, día da celebración da Pasarela de Moda 2025 do Centro Comercial Aberto, dende a asociación anuncian “de novo o seu aprazamento”, lamentando as molestias ocasionadas.
O evento, que se celebrará na rúa Academia Dequidt estará este ano presentado por Fátima Pego, cantante e presentadora da TVG. Xunto a ela tamén estará a Acróbata Reyna e Dj Dani Argü.