CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A mostra pictórica “Onde o mundo se chama… Lola Doporto”, na Sala dos Arcos de Celanova

Trátase dunha retrospectiva desta pintora barquense que expón por vez primeira neste concello

 

Rosendo Guterres “San Rosendo”, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Curros Enríquez o Manuel Castro “O Gaiteiro de Penalta”. Son algúns dos rostros que a pintora valdeorresa Lola Doporto leva ao lenzo, co seu inconfundible estilo, no marco da exposición “Onde o o mundo se chama… Lola Doporto”, que se inauguraba este mediodía na Sala dos Arcos de Celanova.

 

 

 

A mostra reunía obras novas, como as citadas, pero tamén unha escolma da súa traxectoria pictórica, comezando polos cadros das marionetas con fíos, cos que empezou a súa andaina plástica, así como outros nos que se iniciaba no manexo da espátula e que amosan a súa evolución con esta técnica. “Trouxen unha mostra da miña pintura. Isto é o que fago e o que son”, dicía no acto inaugura a propia Lola Doporto, tras explicar como xurdía esta exposición cuxa preparación lle permitía descubrir os engados, lendas e literatura das terras de Celanova. De feito, dentro da mostra tamén inclúe dous nos manequís, aos que bautizou como Rosa en Martiño, en referencia a unha lenda da zona vinculada coa Virxe do Cristal de Vilanova dos Infantes.

 

 

Neste acto a artista, natural de Millarouso (O Barco), estaba acompañada pola tenente de alcalde de Celanova, Sandra Feijóo; polo técnico de Cultura deste Concello, Antón Piñeiro, polo alcalde do Barco, Alfredo García, e polo editor Bieto Ledo, entre outras autoridades.

 

 

 

 

Piñeiro recordaba como se xestaba e organizaba esta exposición aludía ao texto escrito por el mesmo no folleto da mesma, no cal alude á sorpresa que causa no espectador o universo pictórico de Lola Doporto, “nada máis velo, porque nos demostra que o onírico non ten por que ser escuro senón alegre e cheo de color, nin a república interior dos soños ten por que ser grotesca. Dende a primeira vez que me acheguei á súa obra chamoume a atención en Lola Doporto a valentía cromática da que fai uso, mesturando sen conflitos plásticos a surrealista selección de personaxes co aparente realismo da figuración que incluso é capaz de levala mundo insólito das tres dimensións no ámbito artístico da pintura como se a través dos seus maniquís quixera aproximar a pintura –e, polo tanto, a arte- a un estadio moi próximo ó da vida”.

 

 

 

Ademais interviñan no acto o alcade do Barco, Alfredo García, quen comentaba que “é unha honra ter a Lola como veciña e como pintora, que ten unha obra moi interesante e que vai a máis”, e o editor Bieto Ledo, quen recordaba como coñecía a Lola e a súa obra.

Durante a inauguración tiña ugar un microconcerto de órgano a cargo de María José Mosquera.

Fotos e vídeo: cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button