A RúaConcellosÚltima hora

A exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes’ poderá verse no C.C. Avenida da Rúa ata o 10 de abril

Inauguración da exposición na Rúa.

 

Na mañá deste mércores 12 de marzo inaugurábase, no Centro Cultural Avenida da Rúa, a exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española non século XX’, que poderá verse ata o 10 de abril.

Ao acto asistían a alcaldesa do Concello da Rúa, María G. Albert; o concelleiro de Cultura do Concello da Rúa, José Vicente Solarat; o director de oficina de ABANCA na Rúa, Alberto Domaica; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román; a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano; e a presidenta e vicepresidenta da Asociación Caridad de San Vicente de Paúl, Marta Ansede e Marisol Luis.

 

 

Esta mostra é posible grazas á colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello da Rúa e forma parte do proxecto Corrente Cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Tamén se enmarca na iniciativa Cultura por Alimentos que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Nesta ocasión entregaranse á Asociación Caridad de San Vicente de Paúl. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.

A xente que neste mes se achegue ata o C.C. Avenida da Rúa poderá desfrutar desta exposición que amosa unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é o de tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de “millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir”, en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.

Artigos relacionados

Back to top button