CulturaÚltima hora

A mostra “Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido”, en Sober

Esta exposición fotográfica poderá visitarse do 16 ao 29 de marzo na Casa da Cultura desta vila

Cartel da exposición.

 

¿Como é un día na vida dunha persoa con dano cerebral adquirido? Esta experiencia cóntase en imaxes na colección de fotografías “Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido”, que retoma a súa andaina en Sober, logo do parón causado polas medidas sanitarias de control da pandemia do Covid-19.

Poderá verse na Casa da Cultura do Concello desde o 16 de marzo ata o 29 deste mesmo mes, cun horario de luns a venres de 9:00-14:00h. e, polas tardes, de 16:00-20:00h. A mostra acompañará á charla que a traballadora social de FEGADACE vai impartir, no salón de actos da mesma Casa da Cultura, o día 23 de marzo.

O Concello de Sober colabora coa Federación Galega de Dano Cerebral na organización da mostra e da charla, que terá un aforo limitado a 30 persoas. Quen queira asistir pode anotarse chamando ao 982 46 05 13.

Artigos relacionados

Back to top button