CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A música de Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre conquista ao público

Cos triveses Gutier e Javier Álvarez na banda, o artista galego presentou no Barco o seu traballo "Noró"

 

Cun potente concerto de música tradicional con sons e mesturas únicas, sorprendían no Concello do Barco na noite do sábado 7 de setembro. Á beira do río Sil, no Malecón barquense, o polifacético Xabier Díaz subíase ao escenario rodeado pola súa banda, da que forman parte os irmáns Álvarez (Gutier á zanfona e ao violín, e Javier ao acordeón) e co acompañamento das Adufeiras de Salitre (alumnas súas), para presentar en directo o seu traballo Noro, algunhas músicas do norte.

 

Unha das Adufeiras de Salitre en plena actuación.

 

O seu foi chegar e conquistar ao público que, malia dispoñer de sillas, non dubidou en botarse a bailar convidado polos animados sons de temas como Pasodobre das Costureiras ou O baile de Noró. Máis de hora e media de música tradicional na que facían un repaso por pezas e danzas do seu primeiro disco, The Tambourine Man, e moi especialmente do segundo.

 

Un momento da actuación no Barco. En primeiro termo, Javier Álvarez ao acordeón.

 

Actuar en casa ou preto dela sempre é especial, por iso tanto o concerto que deron o ano pasado na Pobra de Trives como este no Barco de Valdeorras, sen dúbida tivo que ser emocionante para os irmáns Álvarez que foron alumnos do Conservatorio do Barco. Tamén é especial vislumbrar entre o público a xente coñecida, por iso o propio Xabier adicaba unha das últimas pezas á locutora da Radio Galega, Amelia García.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button