CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A música do Orfeón Valdeorrés abrirá a Semana Santa do Barco

Esta agrupación coral cantará a misa do Venres de Dores, 22 de marzo, e despois ofrecerá un concerto na igrexa de San Mauro

O Orfeón Valdeorrés durante un concerto de música sacra na igrexa de San Mauro do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As voces do Orfeón Valdeorrés soarán na apertura da Semana Santa do Barco. O seu programa de cultos abrirase o vindeiro venres 22 de marzo ás 19h. na igrexa de San Mauro, cunha misa cantada por esta formación coral, que dirixe José Ramón Mansilla e preside Luisa Álvarez.

Despois o Orfeón Valdeorrés ofrecerá un concerto de música sacra, no mesmo templo. “Coa ilusión de sempre, o Orfeón Valdeorrés volverá poñer música ao programa de Semana Santa do Barco de Valdeorras”, destacan dende esta entidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button