CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A música, protagonista do 17 de maio en Trives

Imaxe do Orfeón Trivés durante un concerto./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O programa de actos das Letras Galegas en Trives seguirá maña, 17 de maio, con moita música. Dende mediodía haberá pasarrúas da Banda de Gaitas Os Trintas, para logo tomar o relevo, a partir das 12.30 horas, os do Fondo da Barra. Para a tarde programouse un recital moi especial a cargo de rapaces da vila, ás 19.00 horas no Auditorio, e pechará a xornada o concerto do Orfeón de Trives neste mesmo escenario.

A programación das Letras Galegas estenderase máis aló do 17 de maio. Para o día 19 agárdase a proxección da película “Valentina”, ás 11.30 horas no Auditorio. Conta co galardón a mellor película de animación nos Premios Goya 2022 e trátase dun conto musical sobre a diversidade e a inclusión.

O 23 de maio, ás 18.30 horas, agárdase o espectáculo de narración oral para maiores de 3 anos e familias que leva por título “Bailar nas nubes”.

Artigos relacionados

Back to top button