CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A música tradicional galega resoa polos bares da Rúa na noite de foliada organizada por Abertal

 

Este ano o magosto da Asociación Cultural Abertal foi máis especial que nunca. Non só porque cambiaba de ubicación celebrándose na praza de Fontei (A Rúa) diante da igrexa, senón porque incluía unha foliada coa actuación de sete agrupacións, primeiro na praza, amenizando o magosto e despois polos bares da vila.

A partir das nove da noite e repartidos polos diferentes bares colaboradores, os grupos convidados envolvían e animaban a vila coas súas actuacións.

Segundo o programa da ruta pasabares, na ruta 1, Mencía de Toral de los Vados e Macizas Centrais da Pobra de Trives tocaban en O Café, O Melín e A Cervecería: na ruta 2, Os Parrandas de Córgomo e Os Estoupafoles de Pobra do Brollón tocaban en A Skina, Bravo Lux, Bar Norte e Orly; mentres que na ruta 3, Quinchousa de Manzaneda e Candaira de Castrelo do Val tocaban no Pillabán, Orballo, O 4 e O Retorno. Tamén actuaba Abertal.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button