OurenseÚltima hora

“A nena e o grilo máis aló”, do rues Magín Blanco, o 16 de decembro no Auditorio de Ourense

Máis de 2.000 escolares de 42 centros gozarán desta obra teatral en galego que fala sobre os medos e o valor da amizade

O cantautor rues Magín Blanco nunha actuación no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Afundación continúa coa programación para escolares con A nena e o grilo máis aló, unha proposta do cantautor rues Magín Blanco que fusiona música e teatro en galego, con dúas representación en Ourense. A primeira tiña lugar hoxe, 9 de decembro, e a segunda será o día 16 no Auditorio Municipal de Ourense con dúas sesións, ás 10 e ás 12 horas.

Máis de 2.000 escolares de 42 centros da cidade de Ourense e arredores acudirán a ver esta obra na que a cooperación, a amizade, a tolerancia e a superación dos medos desempeñan un papel fundamental. Os protagonistas esmagan sen querer á súa amiga Xertrude A Araña. Buscando unha maneira de devolverlle a vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao País dos Mortos. Alí tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

Artigos relacionados

Back to top button