ConcellosEntroido 2024Última horaVerínVídeos

A noite de Comadres abre a semana grande do Entroido en Verín

 

Aínda que finalmente non se cumprían, as previsións daban fortes chuvias para a noite do 8 de febreiro, por iso dende o Concello de Verín decidían facer modificacións no programa do Xoves de Comadres.

 

 

Unha delas era a reubicación da recepción da Raíña do Entroido e Don Carnal. Por razóns de seguridade, non se realizaba a baixada polo Camiño Real e a recepción e tradicional saúdo tiña lugar directamente desde o escenario situado na propia Praza García Barbón pasadas as 00:30 horas da madrugada do venres.

 

 

E alí, máis de 7.000 persoaa, a mairía mulleres pero tamén moitos homes, eran recibidas na praza García Barbón por Doña Elena, a Raiña do Entroido e Don Carnal, quen lle deron a benvida a veciños e visitantes ás longas noites de festa.

 

Artigos relacionados

Back to top button