CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

A orquestra Panorama volve conquistar ao público, nas festas de Quiroga

 

É unha aposta segura. Un ano máis e segundo o previsto a orquestra Panorama despregaba na noite do xoves 8 de agosto todo seu espectáculo nas inmediacións do pavillón de Quiroga, cheo ata a bandeira, facendo vibrar ao público. Comezaban así as festas de verán deste concello do sur de Lugo que se prolongarán ata o luns día 12.

 

 

Hoxe 9 de agosto ás 21 horas chegará a Quiroga a Peque disco Moc Moc, unha auténtica disco móvil circense infantil na praza Rúa Lago; e a actuación do grupo folk Treixadura (22:30 horas na rúa Real) e da orquestra Combo Dominicano (00:30 horas no aparcamento CEIP de Quiroga).

 

 

Para o sábado 10 de agosto está prevista a XXXIII edición da Mostra do Mel que contará coa asistencia de sete produtores que se colocarán en casetas ao longo da rúa Real a partir das 11 horas. A animación musical da mañá correrá a cargo do grupo de gaitas local O Recanto que fará unha alborada, mentres que a sesión vermú, a partir das 13 horas na rúa Lago será a cargo de Somoza Trío. Na praza de España haberá un espectáculo de maxia a cargo do Mago Antón que presentará “Mil Maxias Máis” e na rúa Real, a partir das 22:30 horas un tributo ao rei do pop con Michael Legend. Ese mesmo día ás 00:30 horas chegará outro dos pratos fortes musicais das festas deste ano, o concerto de Mario Colomán & The Clocks Band grupo local integrado por Mario, Lena, Brais, Diego, Santi e Alberto.

 

 

A programación continuará o domingo día 11 ás 12:30 horas na praza Rúa Lago coa obra de teatro infantil De Vilatriste a Vilalegre do Centro Dramático Galego e coprodución con Teatro ó Cubo. O elenco da obra, con texto orixinal de Roi Vidal Ponte e dirección de Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño está formado por Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal. Ese día haberá fogos artificiais na praza España (22:30 horas) e concerto de Gin Toni’s, un dos grupos máis solicitados nas festas de verán facendo bailar a varias xeracións con temas míticos do pop e do rock español das últimas décadas (00:30 horas na rúa Real).

 

 

O broche ás festas poráo o grupo de rock asturiano Assia, que actuará o 12 de agosto ás 22:30 horas na rúa Real.

Fotos e vídeos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button