En portadaÚltima horaVídeos

A Paixón de Cristo escenificada no pavillón municipal de Rubiá

 

A chuvia marcaba a escenificación da Paixón de Cristo na tarde deste Venres Santo en Rubiá. Un dos actos máis destacados da Semana Santa nesta localidade valdeorresa que tiña que celebrarse no pavillón municipal.

 

 

Pasadas as seis e media da tarde deste 29 de marzo, cambiando as rúas pola pista e as beirarrúas polas bancadas, Rubiá volvía revivir os últimos momentos da vida de Cristo. Dende a oración no Monte dos Olivos e o posterior xuízo no que é condeado a morte na cruz, ata o momento da crucifixión.

 

 

Tras semanas de ensaio, os actores (veciños de Rubiá e de diferentes partes da comarca) puxeron en escena con gran realismo o momento máis duro da vida de Cristo, simulando o calvario que vivíu antes da súa morte e posterior resurrección, nun acto que foi seguido dende as bancadas polos fegreses.

 

 

Os cultos deste Venres Santo na parroquia de Rubiá continuaba cos oficios, xa na igrexa.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button