
Había previsión de tormenta e sarabia e nalgúns sitios cumpriuse. Concretamente na cidade de Ourense, onde unha repentina treboada de auga, vento e pedra caída na tarde deste domingo 13 de xuño, obrigaba a deter o partido que UD Ourense e Fisterra estaban disputando no Campo do Couto.
Corría o minuto 79 xa na segunda parte e o equipo local vencía 2-0, tal como pode verse neste chío colgado pola propia UD Ourense co vídeo do “pedrazo no Couto” como eles mesmos o denominaron.
Minutos despois e co terreo totalmente enchoupado reanudábase o partido que remataba co mesmo resultado favorable para os ourensáns.
Suspéndese o partido! 😱😱😱
Pedrazo no Couto!
2-0 | 79’#OurenseFisterra pic.twitter.com/B0hUeoOIBJ
— UD Ourense (@UDOurense2014) June 13, 2021