DeportesÚltima horaVídeos

A Peña Ciclista Valdeorras realiza con éxito a súa subida a Trevinca

 

Aínda que a falta de inscricións obrigaba á directiva do Club Ciclista Valdeorras a cancelar a XXI edición da Volta a Valdeorras prevista para o 12 de xuño, a peña ciclista non renuncia ás súas habituais saídas, individuais ou en grupo, pola comarca, polo que non sorprende velos percorrendo as estradas da contorna nas fins de semana.

 

Mebros da Peña Ciclista Valdeorras no pavillón de Calabagueiros, antes de saír.

 

Na mañá deste domingo 4 de setembro daban un paso máis e realizaban a súa tradicional  subida a Trevinca, coa participación dun bo número de afeccionados. Non era necesaria a inscrición previa polo que os reunidos no pavillón de Calabagueiros ás 9:30 horas, coma todos os anos, eran os que collían rumbo ao cume da montaña valdeorresa, que coroaban con éxito.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button