CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A “penúltima” Jam Session da tempada con AMAVA, no Esconditte Inglés da Rúa

 

Na noite do venres 25 de Abril AMAVA celebraba o que denominan a penúltima Jam Session da tempada (non se pode dicir a última que dá mala sorte), no Esconditte Inglés da Rúa. “Unha auténtica noite de Rock and Roll, como di a canción, que para ser o remate desta tempada foi apoteósica pola alta participación, polo entusiasta e entregado público asistente, polo bo ambiente e polas magníficas combinacións de músicos veteranos e noveis que daban como resultado espléndidas melodías e versións incribles”, aseguran dende Asociación de Música Alternativa de Valdeorras, destacando que “mesmo houbo quen se estreou no escenario por primeira vez o que significa que a asociacion está viva e crecendo”.

 

 

Dende o colectivo agradecen coma sempre “a paciencia e xenerosidade de Santi e Vero, xerentes do Esconditte Inglés que achegaron os agasallos que sorteamos entre os asistentes ao final da velada así como por estar pendentes de nós en todo momento esquivándonos mentres tocabamos para atender as mesas”.

 

 

Esa noite, inesquecible para todos, tamén houbo sorpresas. Seguindo coa celebración do 15º aniversario de AMAVA, unha delas foi soprar as velas correspondentes nuns “riquísimos pasteis realizados artesanalmente por Lucía de Petín, unha incrible explosión de sabor natural como facía tempo non viamos con tanta bolería industrial á que estamos expostos habitualmente”, aseguran, destacando que “foron un auténtico espectáculo, altamente recomendables”. Tamén houbo sorteo de camisetas e sobre todo “houbo moita maxia”.

 

 

De caaa ao verán todo cambia de cor, viaxes, estudos, actuacións,… co cal deixarán esta actividade pero “como dixo Schwazenegger en Terminator… Volveremos e se cabe con máis forza e con enerxías renovadas”, prometen dende a asociación.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button