Na noite deste sábado 28 de xuño, o loitador barquense Andi Canosa (Graíño Team O Barco), pelexará no Barco de Valdeorras por revalidar o título MFC de MMA Profesional. O seu combate contra o portugués Renato Jorge Moura “Clark Kent”, pechará a velada de MMA “MFC Showdown 046” que se celebrará a partir das 21 horas no pavillón municipal de Calabagueiros e que incluirá outros seis combates (cinco de MMA amateur e un Superfight de Grappling con loitadores do Barco, A Coruña e Portugal.
Púxiles que unhas horas antes eran pesados na terraza de El Manjar, nun acto previo á velada conducido por Dj Dani Argü no que eran persentados os loitadores e tamén o cinto de campión de MFC.



Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.