ConcellosPetínÚltima hora

A petinesa Pilar Rodríguez e súa familia, homenaxeadas na XXI Festa da Freba

 

Dende a anterior edición na que homenaxeaban á centenaria Inés Siso, o Concello de Petín decidía incluír un recoñecemento especial no marco da Festa da Freba, e nesta ocasión tocáballe a Pilar Rodríguez, en representación da familia de Petín que cada ano prepara os caracois acesos na procesión da Soidade, o Venres Santo.

“Levan 4 ou 5 xeracións mantendo esta tradición, por iso queremos ter un pequeno detalle con eles, en sinal de agradecemento por manter viva unha das tradicións da nosa vila”, di a alcaldesa, Raquel Bautista, a encargada xunto a membros da corporación e de Protección Civil de Petín, de entregarlle á emocionada veciña, unha placa e un ramo de flores antes de dar inicio ao xantar que reunía a unha 450 persoas nesta XXI edición.

 

Pilar na Festa da Freba.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button